GAL
- Unir forzas como colectivo con intereses comúns para conseguir unha maior difusión, promoción, apoio e defensa da arte contemporánea.
- Actuar como interlocutores coas administracións públicas en todos os aspectos esenciais para o desenvolvemento e a difusión da nosa actividade.
- Promover a internacionalización das galerías asociadas e dos seus artistas.
- Establecer colaboracións con entidades públicas e privadas, nacionais ou internacionais, interesadas en apoiar os proxectos que promoven e defenden a arte contemporánea nas súas múltiples formas.
- Defender os intereses profesionais das persoas asociadas e ser recoñecidos como axentes xeradores de cultura.
- Articular un compromiso de calidade e ética profesional no desenvolvemento de todas as actividades realizadas polas persoas asociadas.
- Dar visibilidade ás persoas asociadas dentro e fóra do territorio da comunidade galega.
