A
Asociación

CONTEMPORÁNEA, Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia, está formada na actualidade por oito galerías que unen forzas como colectivo con intereses e problemáticas comúns para acadar unha maior promoción, apoio e defensa da arte contemporánea.

Constituida con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, CONTEMPORÁNEA establece un compromiso claro coa calidade e a ética profesional dos seus asociados, defendendo os intereses profesionais dos mesmos, así como a súa condición de axentes xeradores de cultura.

Principais
Funcións

1. Unir

forzas como colectivo con intereses comúns para acadar unha maior difusión, promoción, apoio e defensa da arte contemporánea.

2. Actuar

como interlocutores coas administracións públicas en todos os aspectos esenciais para o desenvolvemento e difusión da nosa actividade.

3. Promover

a internacionalización das galerías asociadas e dos seus artistas.

4. Establecer

colaboracións con entidades públicas e privadas, nacionais ou internacionais, interesadas en apoiar os proxectos que promoven e defenden a arte contemporánea nas súas múltiples formas.

5. Defender

os intereses profesionais dos asociados e ser recoñecidos como axentes xeradores de cultura.

6. Artellar

un compromiso de calidade e ética profesional no desenvolvemento de todas as actividades realizadas polos asociados.

7. Dar

visibilidade aos asociados dentro e fóra do territorio da comunidade galega.

Xunta
Directiva

Luisa Pita
Presidenta

Nuria Blanco
Vicepresidenta

Asunta Rodríguez
Secretaria

Lucía Suárez
Tesorera