inauguracion-cinxunta-aberto_2020-contemporanea-asociacion-galega-galerias-novas-

Contemporánea organiza ABERTO, a inauguración conxunta da temporada 2020/21

Por primeira vez, CONTEMPORÁNEA (Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia) organiza ABERTO, evento no que as galerías asociadas participamos de forma conxunta en toda Galicia inaugurando a nova tempada expositiva 2020-2021.

O xoves 17 inauguraranse a maioría de novas exposicións, que se poderán visitar nos horarios indicados no programa; o resto de días poderán visitarse no horario habitual ou baixo cita previa (incluído a fin de semana).

Contemporánea está formada na actualidade por oito galerías que unen forzas como colectivo con intereses e problemáticas comúns para conseguir unha maior difusión, promoción, apoio e defensa da arte contemporáneo. Nestes tempos de cambios inesperados e quizais tamén imprescindibles, consideramos que esta unión é máis necesaria que nunca. Será un pracer vervos de novo!

Todas as galerías cumprimos cos protocolos de seguridade fronte á covid-19, adaptando cada espazo e evento ás medidas necesarias para a seguridade de todas/vos (uso obrigatorio de máscara, xel hidroalcohólico, aforo limitado…).

CONTEMPORÁNEA conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Podes descargar o programa de exposicións premendo aquí.