Galería Metro

Galería Metro

Santiago de Compostela
Xeneral Pardiñas, 12-16, L14

Exposición:

“Meetings with remarkable trees”

Artistas participantes:

Pablo Orza
Do 21 de setembro ao 5 de novembro de 2023
Horarios durante Aberto Galicia
Atopo co artista e visita guiada: 21 de setembro ás 19:00 h
Recital Concerto por Pablo Orza: 22 de setembro ás 20:00 h
Xoves 21 de setembro: 18:00 a 21:00 h.
Venres 22 de setembro: 12:00 a 14:00 e 17:00 a 21:00
Sábado 23 de setembro: 12:00 a 14:00 e 18:00 a 20:00 h
Domingo 24 de setembro: 12:00 a 14:00 h.

“Meetings with remarkable trees”

Pintura, fotografía, vídeo, poesía, música, danza… recollendo a vivencia, a convivencia ineludible cun proceso masivo, estructurante, vital, continuo: o ciclo das metamorfoses estacionais. Primavera, verán, outono, inverno, primavera…a roda das transformacións da enerxía condensada no tropo lento e orgánico da árbore.

 

As árbores extraordinarias agardan na fondura do bosque como fitos de conexión cunha vasteza sempre desbordante, sempre terrible na súa crúa beleza e abraiador misterio. PABLO ORZA (Zamora, 1971) afincado na contorna rural próxima a Santiago, é un artista poliédrico onde os haxa, o seu traballo sintetiza un universo propio onde a natureza, o humano e o máxico fúndense nos diferentes procesos de creación, marcados estes pola experimentación constante en múltiples soportes e formatos, desde a pintura, a instalación ou a videoperformance ata a poesía ou a música. O seu traballo actual está intimamente vencellado cos cambios estacionais, amoldándose aos diferentes ciclos vitais que acompañan aos devanditos cambios.

 

A conciencia de pertenza ao lugar e ao momento que habita vese reflectido no carácter transversal da súa obra, onde conviven audazmente o exotérico e o visceral, o telúrico e o metafísico, o ancestral e o innovador, nunha sorte de variables que nos convidan a participar dunha poética singular e cativadora. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca 1989-1994. Cursos de doutoramento, Universidade Politécnica de Valencia, 1994-96. Programa de posgrao, Studio Arts Centers International, Florencia, 1996-97.