14 Ago Galería Moret Art
Galería
Moret Art
Exposición:
Artistas participantes:
Horario durante Aberto Galicia
Inauguración: venres 22 ás 20:00 h
Xoves 21 de setembro : 10:00 a 14:00 e 17:00 a 19:00 h.
Venres 22 de setembro: 110:00 a 14:00 e 17:00 – fin
Sábado 23 de setembro: 12:00 a 14:00h e 18:00 a 20:00 h.
Domingo 24 de setembro só con cita previa. Visitas guiadas polo artista a petición durante todo Aberto Galicia.
“Arquivo de Protocolos”
Na traxectoria artística de Xurxo Gómez-Chao destaca unha evolución dende os seus inicios , nos que a pintura era o seu medio de expresión, ata os seus traballos máis recentes, nos que a fotografía é o vehículo mediante o que mostra de maneira máis habitual o seu universo creativo. Si ben a súa obra se pode definir como multidisciplinar, pois combina fotografía con outros medios como pintura, cerámica ou video. Elementos da realidade cotiá serven para crear unha obra nova e independente na que a natureza adquire un papel protagonista. A dualidade entre o racional e o visceral, entre o material e lo onírico, tamén son características inherentes ó seu universo creativo, así como as múltiples referencias á cultura clásica e á Historia a Arte.
No proxecto “Arquivo de Protocolos”, o artista presenta un conxunto de fotografías que destacan tanto pola complexidade do proceso creativo, como pola potencia de das metáforas visuais. O autor dirixe a sua persoal mirada á Historia a Arte para construir fantásticos trampantoxos a través da superposición de multitud de obxectos que invitan ó espectador a mergullarse nas imaxes para descubrir infinitos detalles que vanse revelando ó detenernos nelas. Para ello, constr,ue unhas instalacións efémeras que posteriormente fotografía e edita. E así podémonos achegar dende unha nova perspectiva ó barroco español ou a obra autores como Klimt.