Galería

Moret Art

asociacion-galerias-arte-contemporanea-galicia-galeria-moret_art-1
asociacion-galerias-arte-contemporanea-galicia-galeria-moret_art-2

Directora: Nuria Blanco Santiago

 

Moret Art xorde no ano 2008 co claro obxectivo de impulsar e dar difusión á arte contemporánea, tanto nacional como internacional, cun foco especial dirixido cara aos creadores galegos. Para iso, ao longo destes anos, programou de forma ininterrompida exposicións individuais e colectivas, que foron complementadas en numerosas ocasións con actividades didácticas ou encontros artísticos. Así mesmo participou en destacadas feiras de arte contemporánea sempre apostando por levar a arte galega máis aló das súas fronteiras e logrando que integre renombradas coleccións tanto públicas como privadas. Na actualidade representa a un nutrido grupo de máis de vinte artistas, algúns dos cales formaron parte da súa identidade desde os seus comezos, que abarcan disciplinas tales como a pintura, escultura, fotografía ou a instalación, e que comparten un mesmo afán investigador e innovador.

 

O outro eixo de actividade de Moret Art é a realización de proxectos de consultoría vinculados á taxación e catalogación de obras de arte e antigüidades, sendo a primeira consultora especializada en arte con sede en Galicia, cun profundo coñecemento do mercado nacional.

 

Uruguay, 1, baixo
15004 – A Coruña

T: +34 981 927 376

M: +34 610 759 934

 

Horario:
De luns a venres: de 10.00 a 14.00 h. e de 17.30 a 20.30 h.
Sábado: de 12.00 a 14.00 h. (Tarde, cita previa).

 

Envía un correo electrónico.
Páxina web da Galería Moret Art.

contemporanea-rrss-faceboook
contemporanea-rrss-instagram
contemporanea-rrss-twitter
In-Black-66px-R

Localización