Galería Néboa

Directora: Alba López Porto

 

Fundada en 2023 e con sede en Lugo, NÉBOA é unha galería de arte contemporánea dedicada a promover prácticas artísticas que conecten coa identidade, a natureza e a esencia humana. A súa misión é ofrecer un espazo onde a emoción e a reflexión ocupen un lugar central, apostando por proxectos que interpelen o espectador desde a sensibilidade, o pensamento crítico e o coidado formal.

 

Comprometida coa excelencia e coa diversidade de perspectivas, NÉBOA traballa cunha selección de artistas galegos ou vencellados a Galicia, apoiando tanto voces emerxentes como traxectorias xa consolidadas. A súa programación expositiva combina rigor curatorial e liberdade creativa, cun enfoque atento aos relatos contemporáneos e ao diálogo entre linguaxes e disciplinas.

 

Desde a súa creación, NÉBOA busca construír un proxecto sólido e de referencia no contexto galego e estatal, fomentando o coñecemento, o coleccionismo e o acceso á arte contemporánea desde unha mirada próxima, comprometida e sostible.

 

Enderezo:
Rúa Lamas de Prado, 31. 27004 Lugo

Teléfono:
+34 626 324 281

Email:
info@galerianeboa.com

Horario:
Martes a vernes de 11h a 14h y de 17h a 20h. Sábados de 11h a 14h. Outro horario, con cita previa.

Páxina web:
www.galerianeboa.com
IG: @galerianeboa Facebook: galerianeboa

contemporanea-rrss-instagram

Localización