As galerías de arte pechan como protesta ante o IVE cultural

Ante a parálise e a falta de resposta por parte do Goberno á nosa reivindicación dunha
baixada do IVE na venda de obras de arte para artistas e galerías que poña fin á desvantaxe fronte
ao resto de países europeos, que xa gozan dun IVE cultural, as galerías de arte españolas
pecharán as súas portas do 2 ao 7 de febreiro, cesando así unha actividade que defendemos
como imprescindible para a sociedade: o acceso gratuíto e constante á creación artística.

Durante unha semana, todas as galerías de España deixamos de ser espazos culturais
gratuítos abertos a toda a cidadanía como forma de protesta e para chamar a atención.

Agardámosvos a partir do día 9, cando as galerías volvan abrir para seguir defendendo o
seu papel como lugares de encontro coa cultura, compartindo os nosos espazos con todas e todos vós.

Noticia en El Correo Gallego