Presentación Oficial no CGAC (Santiago de Compostela)

Hoxe celebrouse no CGAC (Centro de Arte Contemporánea de Galicia) a presentación oficial de Aberto 2024, un evento organizado pola Asociación de Galerías de Arte Contemporáneo de Galicia (Contemporánea), que se celebrará do 19 ao 22 de setembro e reunirá ás nove galerías máis importantes da arte contemporánea galega.

Durante a presentación, o Director Xeral de Cultura Anxo Lorenzo felicitou enérxicamente a oganización deste Aberto 2024 por parte de Contemporánea sinalando “o difícil que é conxugar todos os intereses das nove galerías participantes cun obxectivo común” que é “a difusión e divulgación da arte contemporánea e dos artistas en Galicia, e o reforzo da actividade comercial deste sector, primando o interese colectivo sobre o interese privado” e que vai tamén en conxunción ca intención tanto do CGAC como da Xunta de Galicia a través desta importante colaboración, na que se inclúe a adquisición de obra cunha partida que ronda os 15.000€ por parte do CGAC, ademáis dos fondos destinados durante todo o ano que aporta a propia Xunta de Galicia e que é un dos piares económicos máis fortes desta iniciativa.

Ademáis de Anxo Lorenzo, que tamén presentou o novo cartaz e a publicación da web que estará dispoñible durante esta fin de semana; interviron dúas das principais coordinadoras de Aberto 2024, Luisa Pita, presidenta de Contemporánea e directora da galería Luisa Pita, e Lucía Carballeda Suárez, directora da galería Dupla, que destacaron a importancia do traballo conxunto entre as galerías e os seus colaboradores para facer posible este evento único en Galicia.

Luisa Pita destacou o apoio imprescindible das institucións e patrocinadores que fan posible Aberto. Agradeceu especialmente á Xunta de Galicia, e en particular ao director de cultura, Anxo Lorenzo, polo seu compromiso continuo co proxecto, así como aos novos patrocinadores deste ano: NH Collection, Fundación Ría, Fundación María José Jove e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do departamento de Historia da Arte. Tamén lembrou o apoio de Hijos de Rivera, un colaborador que leva varias edicións acompañando a Contemporánea.

“Cada un dos nosos patrocinadores contribúe a fortalecer a ponte entre o arte contemporáneo e a comunidade galega, axudándonos a democratizar o acceso á cultura e a abrir as portas das nosas galerías a todo o mundo,” sinalou Luisa Pita durante a súa intervención. “O seu apoio permítenos visibilizar o traballo dos artistas e darlle a Galicia un papel destacado no panorama artístico internacional.”

Pola súa banda, Lucía Carballeda fixo fincapé no traballo de comunicación realizado dende Contemporánea, resaltando o esforzo por achegar o arte contemporáneo a un público máis amplo a través das redes sociais, a prensa e as relacións públicas. “Temos claro que o noso propósito vai máis aló de mostrar obras de arte: queremos crear unha verdadeira conexión entre o público e os artistas, facilitando o acceso e eliminando barreiras que moitas veces afastan ás persoas das nosas galerías,” afirmou Carballeda.

Carballeda tamén destacou as sinerxías que xorden ao estar nunha asociación como Contemporánea, onde as galerías colaboran estreitamente para promover artistas de talla internacional e emerxentes. Este ano, Aberto contará cunha participación artística de gran nivel,

con artistas da talla de Lula Goce, Iván Prieto, Elena Narbutaité ou Fernando Suárez Reguera entre outros, ofrecendo ao público unha oportunidade única de descubrir tendencias innovadoras no arte contemporáneo.

Con Aberto 2024, Galicia converterase, un ano máis, no epicentro do arte contemporáneo. O evento levará ao público nun percorrido cultural polas cidades de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense, onde as galerías participantes – Dupla, Luisa Pita, Metro, Trinta, Nordés, Vilaseco, PM8, Moret Art e Marisa Marimón – ofrecerán unha inauguración conxunta que reflicte a diversidade e a creatividade do arte contemporáneo.

A inauguración de Aberto 2024 terá lugar o próximo 19 de setembro, invitando a todas e todos a participar desta celebración única do arte en Galicia.