contemporanea-aberto21-galerias-arte-contemporanea

ABERTO21, a inauguración conxunta que vertebra a arte contemporánea en Galicia

Por segundo ano, CONTEMPORÁNEA (Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia) organiza ABERTO, evento no que as galerías asociadas participamos de forma conxunta en toda Galicia inaugurando a nova temporada expositiva 2021-2022.

Durante os días 16, 17 e 18 de setembro, podrán visitarse as nosas exposicións en horarios ampliados e haberá ademáis presentacións e visitas guiadas polos artistas o xoves 16, día da inauguración conxunta. O resto de días podrán visitarse no horario habitual ou baixo cita previa.

Contemporánea está formada na actualidade por oito galerías que unen forzas como colectivo con intereses e problemáticas comúns para conseguir unha maior difusión, promoción, apoio e defensa da arte contemporánea.

Nestos tempos de cambios inesperados e quizás tamén imprescindibles, consideramos que esta unión é máis necesaria que nunca. ABERTO é unha das iniciativas fundamentais da asociación como modo de potenciar esta colaboración entre galerías e a visibilidade dos nosos proxectos, animando a todas as persoas amantes da arte contemporánea a acompañarnos no inicio dunha nova temporada, un momento de celebración e reencontro.

Ademais, desde a plataforma dixital de arte líder en España, RedCollectors, poderáse visitar o evento de maneira virtual, así como comprar arte e solicitar asesoría sen compromiso. RedCollectors ofrecerá ata finais de novembro as exposicións que exhibirán as galerías en ABERTO, sendo algunhas delas visitas virtuais 3D. Con todo iso, a plataforma busca potenciar e apoiar ao sector da arte a nivel nacional e internacional.

Podes consultar o programa completo premendo aquí (para ampliar información, contactar coas galerías).

ABERTO conta coa la colaboración da Xunta de Galicia, la Deputación de A Coruña, Red Collectors y ArteGlobal.

*Todas as galerías cumplen cos protocolos de seguridade frente á covid-19, adaptando cada espacio e evento ás medidas necesarias para a seguridade de todas/os (uso obligatorio de máscara, xel hidroalcohólico, aforo limitado…).